A Torre de Hércules é un edificio de orixe romana, construído entre mediados e finais do século I, cunha intervención no século XVIII que permitiu a permanencia da construción ata a actualidade.
O Centro de Interpretación da Torre de Hércules ten a finalidade de divulgar os contidos do monumento da Torre de Hércules e o seu Valor Universal Excepcional.
A exposición fai un percorrido pola cronoloxía da Torre dende a súa construción ata o presente.
A Torre de Hércules segue a ser hoxe un sinal marítimo en funcionamento dende hai mais de dous mil años. Esta singularidade, a de ser o faro máis antigo do mundo e o feito de representar toda unha cultura xa inexistente, mais a restauración do século XVIII, tenlle valido a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial no 2009.
A visita á Torre de Hércules permite percorrer, ademais, un interesante xacemento arqueolóxico musealizado, produto das escavacións realizadas en 1992 que amosan os restos romanos e medievais permitindo apreciar as diversas etapas históricas do monumento.
Os 234 chanzos da Torre fan difícil a accesibilidade para algúns colectivos, polo que o Centro de Interpretación é unha alternativa para coñecer o interior do monumento e a súa historia.
Avenida Dr. José Luis Vázquez Iglesias, “Manito”, s/n.
15002, A Coruña
Tlf. 881 084 756
torredehercules@coruna.gal
Schedule
O CI e a Torre de Hércules está aberto ao público tódolos días do ano, agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.
Do 16 de setembro ao 15 de xuño: 9:45 a 17.00 horas
Do 16 de xuño ao 15 de setembro: 9:45 a 21.00 horas
Fees
A visita ao CI é de balde.
Tarifas Torre de Hércules:
Entrada xeral, 3,09€
Entrada reducida, 1,55€
Menores de 16 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC). Persoas en situación legal de desemprego, con presentación de documento acreditativo (España e Europa).
Membros de familia numerosa, con presentación do documento acreditativo.