Ir o contido principal

31 de xullo - 19:30h A mirada de Anna Un documental de Llorenç Soler

A Casa da Galería de Castro de Rei, sede da Fundación Margarita Ledo Andión, acolle a exposición fotográfica "A intimidade da imaxe" de Anna Turbau, fotógrafa falecida o pasado mes de marzo, cunha escolma dun arquivo de milleiros de negativos que ela depositou no Consello da Cultura Galega, centrada entre 1975 e 1979.

A mostra compleméntase coa proxección do documental "A mirada de Anna", de Llorenç Soler, no Museo do Castro de Viladonga. No documental (54 min, 2009), faise unha reflexión sobre o fotoxornalismo, e afóndase na historia da transición democrática dende Galicia da man da fotógrafa catalana Anna Turbau.