Ir o contido principal

1 de setembro - 19:30h Arqueoloxía en Monodose Brandomil romano

Neste mes de setembro, o MAPOUR retoma o ciclo de Arqueoloxía en monodose, para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

O programa é o seguinte:

1 de setembro: "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio", por Jesús Adelino Gorgoso López

8 de setembro: "Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza", por Carlos Tejerizo García

15 de setembro: "Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dun período escuro", por José Carlos Sánchez Pardo

29 de setembro: "Arqueoloxía municipal en Ourense", por José María Eguileta Franco

 

A primeira destas charlas dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo, Jesús Adelino Gorgoso López será o relator a cargo de "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio".

A charla versa sobre as campañas de escavación da vila romana de Brandomil (Zas, A Coruña; 2019-2025), un asentamento romano ligado á minería e a unha vía de tránsito. Ao carón deste gran xacemento identificouse o trazado do Camiño Real da Idade Moderna, sobre a propia vía romana, así como outros elementos destacados (novas minas, un recinto castrexo, etc.). Pola súa cronoloxía (50 d.C.-século VII d.C.) e pola súa entidade, este asentamento constituiría a última gran vila do occidente imperial.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense