INSPIRAR PARA CREAR
INSPIRAR PARA CREAR Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad do Gobierno de España, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.