Skip to main content

EPI e ferramentas de man das bombeiras e dos bombeiros forestais

EPI e ferramentas de man das bombeiras e dos bombeiros forestais Colección de Roi Juan López Muriel

A mostra pretende achegar a través dos equipos de protección e das ferramentas de man o traballo dos/as bombeiros/as forestais, a súa ordenación nas distintas categorías do persoal e as súas funcións.

Dous monitores permiten visualizar un vídeo sobre a BRIF de Laza e, noutro, un unha serie de fotografías mostran o traballo e a maquinaria empregada polas bombeiras e polos bombeiros na súa defensa contra o lume.

Ben[s]vidos, o novo proxecto expositivo do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ben[s]vidos, o novo proxecto expositivo do Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia pon en marcha este ano un novo proxecto expositivo que pretende amosar periodicamente as novas pezas que chegan ao almacén do museo. Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento.

Visita Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado

Visita Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado Proxecto Ben_s_vidos

Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento. Co novo ano, o museo comeza un proxecto no que amosar as novas pezas que chegan ao almacén: “Ben[s]vidos”

Identidades, as artes para a inclusión social

Identidades, as artes para a inclusión social

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dos traballos realizados ao longo dos obradoiros do programa "Identidades. As artes para a inclusión social.

"Identidades, as artes para a inclusión social" é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

O Museo Etnolóxico de Ribadavia participa na formación do alumnado da Universidade de Vigo

O Museo Etnolóxico de Ribadavia participa na formación do alumnado da Universidade de Vigo

O pasado mércores o persoal do Museo Etnolóxico de Ribadavia puido asistir á presentación dos traballos que o alumnado de primeiro das materias de antropoloxía e psicoloxía, vinculadas ao Grao en Traballo Social impartido no campus de Ourense da Universidade de Vigo, fixo na Facultade de Educación e Traballo Social.

As mostras audiovisuais foron o resultado do traballo e reflexión que durante este cuadrimestre realizaron (en compañía das profesoras e o persoal do museo) sobre o Museo Etnolóxico atendendo a cuestións de xénero, así como de accesibilidade.

O Museo do Castro de Viladonga estrea a Semana Cultural 2022 con Soledad Felloza

O Museo do Castro de Viladonga estrea a Semana Cultural 2022 con Soledad Felloza

Entre o luns e o martes ao redor de 185 escolares de educación infantil e primaria dos centros escolares Ramón Falcón de Castro de Rei, Rosalía de Castro de Mosteiro (Pol), Muimenta (Cospeito) e Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín) participaron nas sesións de contacontos a cargo de Soledad Felloza que organizou o Museo do Castro de Viladonga.

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a remodelación da sala que acolle os gravados de Goya

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a remodelación da sala que acolle os gravados de Goya

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugurou a sala que acolle os gravados de Francisco de Goya tras a actuación realizada pola Xunta de Galicia nestas instalacións. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou este novo espazo no centro coruñés, “un dos poucos museos que conta nos seus fondos cunha colección íntegra de gravados realizados polo pintor español”, destacou.

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

A Xunta de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas aos centros museísticos, que incrementa o apoio que recibirá cada beneficiario, pasando dos 7.000 aos 10.000 euros. As axudas permiten actualizar os fondos e facilitar as tarefas de conservación, investigación e difusión. Na primeira edición, que se lanzou o ano pasado, xa se beneficiaron unha vintena de centros de toda Galicia.

Subscribe to