Skip to main content

O Museo das Peregrinacións percorre os vínculos xacobeos da chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros

O Museo das Peregrinacións percorre os vínculos xacobeos da chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o deán da catedral de Santiago, José Fernández Lago, inauguraron no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición "Chacona, a canción de Santiago", que afonda nos vínculos xacobeos desta danza e forma de expresión musical ancestral, a través de máis dun cento de pezas orixinais, instrumentos antigos, partituras e arquivos sonoros.

O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición sobre cartografía marítima histórica

O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición sobre cartografía marítima histórica

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a exposición "Camiño de papel e de estrelas" coa que o Museo Massó abre as actividades do seu XX aniversario. Nela comparte co público varias pezas dos seus fondos sobre cartografía marítima histórica.

A Xunta promete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio

A Xunta promete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantivo un encontro coa nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada, tras incorporarse recentemente ao cargo, a quen prometeu dar continuidade á estreita colaboración dos últimos anos e seguir reforzando o apoio da Xunta ao Museo do Pobo Galego.

O Museo das Peregrinacións inaugurou a mostra sobre a chacona cun concerto na catedral de Santiago

O Museo das Peregrinacións inaugurou a mostra sobre a chacona cun concerto na catedral de Santiago

O pasado 7 de xullo o Museo das Peregrinacións e de Santiago organizou un evento musical que se enmarca nos actos de inauguración da exposición "Chacona, a canción de Santiago", presentada no museo o día 8. O grupo musical Resonet, acompañado pola Escolanía da Catedral de Santiago e o Obradoiro de Música Tradicional Ultreia, ofreceu o concerto na catedral de Santiago.

O Museo Catedralicio de Santiago expón temporalmente o "Santiago peregrino" de Juan de Juanes

O Museo Catedralicio de Santiago expón temporalmente o "Santiago peregrino" de Juan de Juanes

Desde o pasado 4 de xullo pode contemplarse no Museo Catedralicio de Santiago a obra pictórica Santiago peregrino, de Juan de Juanes, grazas a unha cesión temporal por parte do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

A conservación do Arquivo Abrente

A conservación do Arquivo Abrente Mostra sobre a intervención de conservación realizada polo museo sobre o fondo documental da agrupación cultural Abrente.

O principal obxectivo da exposición é amosar e facer chegar ao público a intervención de conservación realizada polo museo sobre o fondo documental da agrupación cultural Abrente ao longo dos últimos anos. Este fondo foi depositado e arquivado no Museo Etnolóxico en 1986, unha vez disolvida a agrupación. É un arquivo de consulta frecuente, e inclúe documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras, manuscritos, actas, recibos e libros de contas.

A Xunta pon en marcha este verán o Plan Corresponsables en bibliotecas, arquivos e museos

A Xunta pon en marcha este verán o Plan Corresponsables en bibliotecas, arquivos e museos

A Xunta de Galicia pon en marcha este verán o Plan Corresponsables para ofrecer alternativas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica. Trátase dunha iniciativa impulsada ao abeiro dun convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade dotado con case 270.000 €.

Chacona, a canción de Santiago

Chacona, a canción de Santiago Mostra sobre esta forma musical de gran difusión dende o século XVII e a súa vinculación co Camiño de Santiago.

Con esta exposición, o Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta unha importante descuberta relativa ao patrimonio do Camiño de Santiago e da cidade de Compostela.

A exposición ten como centro argumental a chacona, unha forma musical de gran importancia na cultura occidental, que tivo enorme difusión en todos os ámbitos sociais e da que todos os grandes compositores a partires do século XVII fixeron múltiples versións.

Subscribe to