Skip to main content

Arquitecturas debuxadas Lugo / Compostela Debuxos de Santiago Catalán.

Cartel

O Museo Provincial de Lugo inaugurou o 7 de xullo "Arquitecturas debuxadas Lugo / Compostela", de Santiago Catalán. Deste xeito, á exposición realizada polo arquitecto no Museo das Peregrinacións e de Santiago entre 2020 e 2021, "Arquitecturas debuxadas. Compostela", súmanse os debuxos da cidade de Lugo.

O consagrado arquitecto, debuxante e artista plasma con gran mestría os aspectos arquitectónicos máis relevantes, e as veces máis descoñecidos, das máis importantes cidades galegas. Miradas arquitectónicas expresadas en papel a través do xogo de luces, sombras e texturas tan característico de Santiago Catalán.

Ligazóns