29 de marzo - 11:30h Se a miña avoa tivese rodas... Obradoiro de paste up para público infantil
Obradoiro dirixido polos ilustradores Michel Casado e Sofía Venzel para aproximarse ás dificultades coas que se atoparon as mulleres que, a comezos do pasado século, querían estudar. O suxestivo título serve para presentar as restriccións que tiveron as mulleres para o acceso aos estudos superiores, e qué tería pasado se as avoas tiveran ido ás universidades. Mediante a técnica do paste up, empregada na arte urbana, as nenas e nenos poderán imaxinar e dar forma a unha vida alternativa para elas.
A actividade é de balde, para público infantil entre 5 e 12 anos. A inscrición previa pódese facer nesta ligazón.