O museo
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) é un museo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inaugurado en outubro de 2004. A creación do museo supón a materialización dun vello proxecto de 1926 que pretendía fundar un centro museístico galego especializado en materia educativa.
O seu obxectivo fundamental é recuperar, protexer, mostrar e difundir o rico patrimonio educativo de Galicia.
Ao longo de tres plantas móstrase a evolución da escola galega a través do tempo. Pódense ver recreacións de aulas dende o século XIX ata a EXB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e as nenas de antes. Se desexa viaxar no tempo e volver á infancia ou achegarse á escola dos maiores, o Mupega pon á súa disposición unha aula antiga para sentirse como un alumno do pasado.
San Lázaro, 107
15781, Santiago de Compostela
Tlf. +34 981 540 150
museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es
Horario
PECHADO TEMPORALMENTE POR OBRAS
Martes, de 10:00 a 15:00
De mércores a venres, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 19:00
Sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Luns, domingos e festivos pechado
Tarifas
Entrada gratuíta