Servizos
Auditorio
Sala de actos de usos múltiples, empregada habitualmente para conferencias, con capacidade para 112 persoas.
Biblioteca
A biblioteca conta con fondos de carácter educativo e museístico. O acceso é libre para consultas en horario de apertura do museo. Adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia.
Consulte o catálogo da biblioteca
Reproducións fotográficas
Para a obtención de imaxes de fondos do museo, ben por medios fotográficos ou audiovisuais, con fins académicos, de investigación, de difusión e para publicacións. O servizo está dispoñible baixo expresa autorización da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, mediante a solicitude de reprodución de fotografías ou a solicitude de reproducións audiovisuais que facilita o propio centro.
Outros servizos
- Consigna
- Conexión wifi na biblioteca e no auditorio
- Follas de sala en sete idiomas
- Realización de eventos corporativos
- Cadeiras de rodas
- Servizo de primeiros auxilios