A visita
As visitas ao Museo Pedagóxico de Galicia son de acceso libre e totalmente de balde dentro do horario de apertura do museo.
Como chegar
Pode chegar ao museo na liña de autobús urbano 6 (parada na rúa de Miguel Ferreiro Caaveiro, fronte ao Pazo de Congresos de Galicia).
Espazo para o estacionamento de vehículos.
Accesibilidade
Accesible con acompañante para persoas con mobilidade reducida. Conta con ascensor, ramplas e aseos adaptados.
Visitas guiadas
O museo organiza visitas guiadas para grupos de como mínimo 10 persoas, cubrindo previamente o formulario de solicitude de visitas. A visita ten unha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos.
Normas de acceso
Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso ás salas de exposición con mochilas, bolsos, paraugas, trípodes e obxectos similares. O centro dispón de consignas para depositar os efectos persoais durante a visita.
Non está permitido o acceso ás salas con comida ou bebida, nin a entrada de animais, salvo cans guía.
Os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta.
San Lázaro, 107
15781, Santiago de Compostela
Tlf. +34 981 540 150
museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es
Horario
PECHADO TEMPORALMENTE POR OBRAS
Martes, de 10:00 a 15:00
De mércores a venres, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 19:00
Sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Luns, domingos e festivos pechado