Ir o contido principal

As Salas

As salas

Planta baixa

Na planta de entrada ofrécenselle ao visitante os referentes básicos para situalo no tempo, no espazo e na temática específica do museo, con atención aos educadores galegos, os materiais didácticos e aos xogos e xoguetes, ademais da mostra da “peza destacada”. 

Mapa Fraiz Andón

Planta primeira

Aquí sitúanse catro seccións expositivas: o mundo infantil (ciclo da infancia e xogos e xoguetes); a administración educativa; as escolas chegadas de alén mar; aula da Transición. Tamén se atopa nesta planta a zona de exposicións temporais. 

Aula da EXB

Planta segunda

O segundo andar presenta catro espazos museísticos: as aulas no tempo: escolas de ferrado, restauración borbónica, da Segunda República e franquista; educación especial; a Rede Mupega: bases e mostra dos fondos dos antigos institutos provinciais fundadores desta rede; e orixes do ensino secundario e profesional.