Ir o contido principal

Do 23 de abril ao 27 de abril do 2025 - 10:00h Día do libro 2025 A biblioteca do Museo das Peregrinacións convida a festexar o Día do Libro 2025

Desde a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago ofrecen as seguintes actividades on line e presenciais:

  1. BOOKCROSSING: hoxe comeza a celebración liberando libros polas rúas e edificios de Santiago para seren atopados. Nesta xornada de bookcrossing participan arredor de medio centenar de bibliotecas de museos e centros de arte de España. Os libros abandonan os seus estantes para saír á rúa.
  2. COÑECENDO OS FONDOS DA BIBLIOTECA: este ano preséntase, nas redes sociais, unha historia agochada nuns dos facsímiles que custodia a biblioteca, que relata e documenta unha visión do mundo moi particular da nosa historia medieval.
  3. OS LIBROS MÁIS CONSULTADOS NA BIBLIOTECA DO MDPS: nas redes sociais, o ranking dos libros máis consultados na biblioteca este 2024.