Skip to main content

Tecedeiras. Arte e talento na sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño Creacións artesanais de enxoval doméstico.

Cartel

Na mostra expóñense varias pezas de enxoval doméstico tradicional, formado por unha colección de colchas ou cobertores seleccionados entre máis de noventa pezas de tecido popular galego, que enriquece as pezas xa habitualmente mostradas no museo. Trátase posiblemente dunha das maiores coleccións privadas en Galicia, na que están presentes obras de toda a xeografía e están representadas a práctica totalidade das técnicas, tecidos e materiais empregados polas nosas tecedeiras ata ben andada a metade do século XX.

Móstranse tamén exemplares de tinguiduras, libros de bordados, nobelos e un tear de flocos (da colección do museo).

A exposición pode verse nas salas 5 e 6.