Conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago "Vida de músico na Galiza medieval"

O pasado sábado, dentro das actividades conmemorativas do #DIM_2022, Francisco Luengo, músico & luthier deu unha conferencia: "Vida de músico na Galiza medieval".
Para levar a cabo as tarefas de reprodución de instrumentos antigos, o punto de partida esencial é a investigación. Buscar as técnicas e os pormenores, que son os que nos achegarán con maior fidelidade os sons antigos.
Como ben indicou durante a súa disertación, o Pórtico da Gloria é unha das fontes de investigación que ofrece máis datos, información e pequenos detalles que axudan na labor de reconstrución histórica.
O público asistente puido gozar dos resultados desta investigación, xa que foi tocando unha serie de instrumentos representativos para achegarnos os sons da música medieval en Galicia.