Skip to main content

Libro virtual no Día do Libro 2020 no Museo Etnolóxico coas achegas sobre o mes de abril

#aculturasegue

O Museo Etnolóxico libera todos os anos libros nos espazos públicos, pero este 23 de abril só puido celebrarse o #DíadoLibro no universo de Internet. Ademais do acceso en liña ou a posibilidade de descargar o catálogo da Colección Abrente, o Museo vén de facer un concurso nas redes para conmemoralo: "O mes de abril na tradición". Todas as achegas recibidas recolléronse nunha preciosa edición virtual, un libro virtual comunitario, colaborativo e participativo que xurdiu deste concurso na procura de refráns, ditos, cantigas, cancións, poesías, historias... sobre o mes de abril.

Todas as persoas que participaron desde Facebook, Twitter, correo electrónico, whatsapp etc. elaboraron este libro que naceu e se edita durante o confinamento pola pandemia de COVID-19.

Entra nesta ligazón do Museo para velo e compartilo!