Achegas diarias de #aculturasegue no confinamento
Nas redes sociais e webs dos nosos museos podedes seguir as achegas diarias dos/as seus/súas profesionais, dando protagonismo a algunha peza, cadro, artista...
- No Facebook do Museo das Peregrinacións e de Santiago achégannos á obra da consagrada fotógrafa Cristina García Rodero nas súas rutas temáticas, pensadas para facelas dende a casa.
- No Facebook do Museo de Belas Artes da Coruña botamos unha ollada á obra de pintoras galegas cun cadro de Dolores Díaz Baliño.
- Na web do Museo Arqueolóxico de Ourense explícannos unha das pezas más senlleiras da colección, que ademais podemos ver en 3D: a famosa "Cabeza de guerreiro", da época castrexa, atopada en Rubiás (Bande) hai máis de oitenta anos.
- No Facebook do Museo Etnolóxico de Ribadavia realizan varias propostas para exploralos en rede: a través do catálogo das súas pezas en Ceres, na visita virtual ás súas salas, a través da súa biblioteca...