Verba volant picta manent Conmemoración dos 25 anos de programación expositiva do Museo
Esta é unha mostra que recolle un percorrido dos vintecinco anos de traballo expositivo do Museo a través dunha selección das obras procedentes das mostras temporais. Organízase atendendo aos diferentes programas expositivos que o centro foi configurando, de aí o seu nome: as exposición son efémeras (volant), pero os fondos permanecen (manent).
Conta cun total de 117 pezas de 50 artistas que integraron no seu día as mostras expositivas que acolleu o museo.
A explicación e o contido pormenorizado pódese consultar nesta ligazón do museo.