Ir o contido principal

Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia

Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 13 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos documentais) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Arquitecturas que falan do seu tempo

Arquitecturas que falan do seu tempo

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo", comisariada por Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade. É por iso que o subtítulo desta exposición sexa 23+1.

Presentación e inauguración da exposición temporal "Arquitecturas que falan do seu tempo" no Museo de Belas Artes da Coruña

Presentación e inauguración da exposición temporal "Arquitecturas que falan do seu tempo" no Museo de Belas Artes da Coruña

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Xosé López Campos, enxalzou a entidade arquitectónica propia coa que conta Galicia e que ten unha “importante pegada na identidade social e cultural que conforma a Comunidade”. Fíxoo na inauguración no Museo de Belas Artes da Coruña da exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo", coa que se conmemora o 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Precisamente, ambas institucións chegaron a compartir, no seu día, o mesmo espazo.

Subscribirse a