Ir o contido principal

18 de maio - 17:30h O eco das pedras Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Espectáculo de narración oral, para público familiar (a partir de 5 anos)

Reserva previa a través da web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros

Espectáculo no que, a través das narracións de Raquel Queizás acompañadas de proxeccións e obxectos, achegarémonos ao noso patrimonio e á nosa mitoloxía.  

“Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.”

Duración: 50 minutos