Ir o contido principal

Do 1 de febreiro ao 23 de abril do 2024 - 10:00h XII Concurso de Relatos: "Unha longa viaxe" Concurso para celebrar o Día das Letras Galegas

XII Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio).

Temática: “Unha longa viaxe”

Con esta proposta temática convidan aos participantes a construír un pequeno relato sobre unha viaxe migratoria en calquera momento histórico, do pasado, do presente ou tamén do futuro. Así, por exemplo, poderán recrear historias da emigración galega; empatizar ou reflexionar sobre a realidade migratoria actual; ou, incluso, imaxinar situacións futuras que obriguen a facer viaxes cunha mirada futurista. A época, pasada, presente ou futura, o lugar de destino e de partida, as circunstancias desa viaxe, o medio, a compañía, ... todos son elementos que agardamos acompañen as súas narracións e nos dean conta da súa imaxinación pero tamén da súa forma de percibir o mundo e que actúen como sementes reveladoras que inviten á reflexión.

Idioma: galego.

Participantes: nenas e nenos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.

Categorías: establécense 5 categorías:

- Categoría A: nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria.

- Categoría B: nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.

- Categoría C: nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.

- Categoría D: nenas e nenos de 1º e 2º de E.S.O.

- Categoría E: nenas e nenos de 3º e 4º de E.S.O.

Prazo de recepción dos traballos: aberto ata o 23 de abril de 2024

Máis información no anexo e na páxina do Museo Liste: https://museoliste.org/blog/