Ir o contido principal

12 de setembro - 20:00h Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia' Presentación do libro «Los exvotos en Galicia» de José Fuentes Alende na sala de exposicións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O xoves 12, ás 20:00 horas, presentarase na sala de exposicións de San Francisco «Escolma de Escultura» o libro «Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos», de José Fuentes Alende. No acto participarán o autor, xunto con José Carlos Sierra Rodríguez, ex director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José César Llana Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Esta obra, dividida en dous volumes, explora a relixiosidade popular en Galicia a través dos exvotos, estudando desde as ofrendas de cera ata os cadros votivos, e catalogando 161 exvotos en toda Galicia. O libro foi editado polo Museo de Pontevedra e conta co prólogo do antropólogo José Manuel González Reboredo.