Ir o contido principal

18 de xullo - 12:00h A aventura do Nautilus Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro de verán para participantes de 4 a 6 anos de idade.

A actividade pretende dar a coñecer os capítulos máis salientables da obra "Vinte mil leguas de viaxe submarina", especialmente o relativo á chegada do submarino Nautilus á Ría de Vigo, cando recala na cidade atraído polo suposto tesouro dos galeóns de Rande. O obradoiro fai especial fincapé nos obxectos que conserva o Museo Massó recuperados na enseada de San Simón, como un canón extraído das augas no ano 1958, e que pertence a embarcacións afundidas que participaron na famosa

batalla de Rande no ano 1702.