Ir o contido principal

1 de agosto - 12:00h Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.