Ir o contido principal

Horario de apertura especial Semana Santa

Horario de apertura especial Semana Santa Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

 O Museo de Belas Artes da Coruña contará cun horario de apertura especial en Semana Santa. Con motivo da exposición: Picasso, Branco no recordo azul o museo abrirá as súas portas os festivos seguintes:

- Xoves 6, venres 7 e sábado 8 :

      - 10:00-14:00

      - 16:30-20:00

-Domingo 9:

    - 10:00-14:00

 

Proxección-Mapping

Proxección-Mapping Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

O sábado, 8 de abril conmemórase o 50 aniversario da morte de Pablo Picasso. Con tal motivo durante todo o día farase unha proxección-Mapping sobre a fachada do museo, coa cor azul da imaxe corporativa da exposición.

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo Programación do segundo trimestre

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o segundo trimestre de 2023.

O programa inclúe exposicións temporais, obradoiros, visitas guiadas, roteiros, etc.

A información completa pódese consultar no seguinte enlace: Museo Liste Vigo - Actividades

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5 Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 12 de abril ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Ana María Malingre Rodríguez.

A Xunta consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € en 2023

A Xunta consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € en 2023

A Xunta de Galicia consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € para este ano que se materializan a través dun convenio de colaboración asinado o 24 de marzo entre o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta do Padroado do propio museo, Concha Losada.

Picasso. Branco no recordo azul

Picasso. Branco no recordo azul Celebración do ano de Picasso. Cincuenta aniversario da súa morte. 1973-2023

Con motivo do cincuenta aniversario da morte de Pablo Picasso o 8 de abril de 2023, e no marco da Celebración Picasso 1973-2023, organizada conxuntamente polo Estado español e o Estado francés nos principais museos das cidades picassianas, a Xunta de Galicia promove esta exposición monográfica no Museo de Belas Artes da Coruña: "Picasso. Branco no recordo azul. Debuxando o futuro".

A Xunta arroupará con máis de 50 actividades a exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta arroupará con máis de 50 actividades a exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta de Galicia arroupará con máis de medio cento de actividades paralelas a gran exposición "Picasso. Branco no recordo azul" que se inaugurará este xoves no Museo de Belas Artes da Coruña e coa que reivindica a pegada galega na traxectoria do artista.

Subscribirse a