Ir o contido principal

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA Celebración do día do libro. 23 de abril

O Museo das Peregrinacións e de Santiago realizará unha presentación nas redes sociais do centro de interese “Alfonso Sucasas”. Na biblioteca do museo fixemos unha pequena mostra dos libros que temos sobre este pintor, que expón actualmente no museo (Sucasas. Camiño e mitoloxía)

Sucasas é un pintor galego (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012) cuxa vida transcorreu entre Galicia, Madrid, Venezuela e Brasil, lugares onde se foi fraguando a súa concepción da pintura.

BOOKCROSSING 2023

BOOKCROSSING 2023 Celebración do día do libro. 23 de abril

O Museo das Peregrinacións e de Santiago comenzará a mañá liberando libros nas rúas de Santiago. A biblioteca do museo participa novamente no bookcrossing organizado por Artium. Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, e con outras bibliotecas de museos e centros de arte de toda España puxéronse de acordo para encher de libros as cidades.

Facultades, estacións, mercados, parques... Vai atento, vai atenta, calquera lugar é válido para atopar algunha das nosas publicacións. Despois de lelos, poderás liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen deles.

De paseo polo camiño do viño

De paseo polo camiño do viño Actividades de primavera no Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia organiza unha ruta a pé de 12 km polo Ribeiro, de baixa intensidade, que parte de Ribadavia e pasa pola Veronza, A Quinza e chega a Santo Andrés, onde se fará unha visita ao Museo do Viño de Galicia. O regreso realizarase por San Cristovo. Os participantes coñecerán a cultura do viño visitando viñedos e monumentos históricos. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, auga e comida.

Alfombra de cunchas inspirada en "Mensaxe do mar" de Maruja Mallo

Alfombra de cunchas inspirada en "Mensaxe do mar" de Maruja Mallo En colaboración coa iniciativa "Aquí faltan páxinas" da Deputación Provincial de Pontevedra.

O Museo Massó de Bueu participa no proxecto "Aquí faltan páxinas", unha iniciativa en materia de igualdade da Deputación Provincial de Pontevedra que trata de visibilizar historias de mulleres galegas que non sempre saen nos libros.

O Museo de Belas Artes da Coruña abre o ciclo extraordinario de conferencias e os obradoiros xuvenís e familiares ao redor da exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

O Museo de Belas Artes da Coruña abre o ciclo extraordinario de conferencias e os obradoiros xuvenís e familiares ao redor da exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta de Galicia continúa conmemorando o 50 aniversario da morte de Picasso con diferentes actividades no marco da programación da exposición "Picasso. Branco no recordo azul" que organiza ata xuño no Museo de Belas Artes da Coruña. Así, o 13 de abril Rubén Ventureira, un dos comisarios da mostra, ofrecerá a conferencia "Picasso, na hora da morte", na que abordará a relación do artista coa morte, cuxo primeiro contacto o tivo na Coruña, polo falecemento da súa irmá Conchita por difteria aos sete anos. 

Escola de escribas

Escola de escribas Actividades do día do libro no MUPEGA

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Picasso a través do cinema

Picasso a través do cinema Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Martes 25 de abril; 2, 9, 16 e 30 de maio

Hora: 19:30 h

Tipo: cinema

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: De balde

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

O cinema foi moi xeneroso co xenio malagueño, pois existe unha amplísima nómina de películas e documentais que ilustran non só a súa vida, en termos biográficos, senón tamén o decurso revolucionario e diacrónico da súa obra artística.

Concerto extraordinario

Concerto extraordinario Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Pierrot Lunaire de Arnold Schönberg

Concerto extraordinario en colaboración con Festival Ressis. Homenaxe musical á iconografía picassiana do Pierrot

Plural Ensemble, Fabián Panisello e Laia Falcón.

O concerto retransmitirase en directo por streaming

Obradoiros en familia

Obradoiros en familia Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

XXII Ciclo Música para unha época

XXII Ciclo Música para unha época Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

XXII Ciclo Música para unha época

Ciclo de cinco concertos dedicados a Picasso e as cidades nas que residiu e traballou ao longo da súa vida, nos que se interpretarán obras de compositores contemporáneos ao artista.

Os concertos terán lugar os domingos:

 7, 14 e 28 de maio

4 e 11 de xuño

Hora: 12:00 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: de balde

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Programa

Subscribirse a