Ir o contido principal

O museo crece

O museo crece Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Mostra das 5 infografías que ilustran o estado final dos espazos e fachadas nas que se vai a intervir no Proxecto de rehabilitación e ampliación dos espazos do Museo Massó.

Lugar: salgadura Piñeiro

Historia dunha salgadura que vai e ven

Historia dunha salgadura que vai e ven Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Itinerario monográfico guiado dirixido a todo tipo de público.

12:00  h.

logo dunha breve introdución sobre a industria da salga, as persoas asistentes poderán ver unha proxección multimedia teatralizada e en 3D sobre a historia do espazo da  salgadura Piñeiro e o traballo nas fabricas de salgadura.

Entregarase un dispositivo para que poidan realizar unha visualización inmersiva dende o móbil.

Redes de maio

Redes de maio Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiro didáctico para o aprendizaxe do uso de distintas artes de pesca tradicionais vinculadas co caderno de apuntes realizado pro Maruja Mallo en 1936 en Bueu  e a alfombra que se expón no museo e que reproduce una das obras realizada a partir dos apuntes de Bueu.

As persoas asistentes ao final da actividade poderán compoñer un cadro vivo,  facerse un autorretrato con natureza morta cos distintos compoñentes destas artes inspirándose nas obras de Maruja Mallo.

Dirixido a un publico a partir de 6 anos.

Noite dos museos. Picasso infinito

Noite dos museos. Picasso infinito Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Instalación lúdica colaborativa, que se realizará na praza do museo con materiais reciclados, a partir da obra da exposición de Picasso, Fauno. Esta actividade é para todos os públicos e levarase a cabo durante todo o día.

Con motivo da celebración da noite dos museos o Museo de Belas Artes permanecerá aberto ata as 23:30 horas.

Obradoiro de construción de zoadeiras

Obradoiro de construción de zoadeiras Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.

Concerto de música coral: Coro da Rá

Concerto de música coral: Coro da Rá Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Coñecidos son os beneficios que pode ter a música, mais cando un conxunto coral canta en harmonía prodúcese unha especie de empatía que convida a querer sumarse con el. Desde os soportais do Museo, o Coro da Rá ofreceralle á cidadanía un concerto no que tamén incluirán referencias musicais á sostibilidade da natureza.

19:00 / Soportais do Museo

Todos os públicos

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.

Obradoiro de estampaxe floral

Obradoiro de estampaxe floral Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Un xeito de levar enriba un anaco de natureza. Cada participante elabora composicións vexetais únicas que estampará nunha bolsa de tea ou tamén nun pano de man, que poderá levar consigo. Durante aproximadamente dúas horas, ofreceráselle un obradoiro aberto ás persoas que desexen pasar un anaco divertido e creativo en contacto con elementos naturais.

Beatriz Rocha (deseñadora de The Figbees)

11:30 h a 13:30 h / Soportais do Museo

Todos os públicos (os menores deberán estar acompañados)

Máis información en museoperegrinacions.xunta.gal/gl/actividades

Subscribirse a