Ir o contido principal

A PRENSA HORIZONTAL: UNHA INNOVACIÓN DO SÉCULO XX

A PRENSA HORIZONTAL: UNHA INNOVACIÓN DO SÉCULO XX Descubrindo a colección do Museo do Viño de Galicia

A mediados do século XX as innovacións da industria vinícola chegaban ás adegas. Este foi o caso da prensa horizontal, que facilitou o traballo do prensado da uva pasando de ser necesarias tres persoas a só unha. José Estévez, colleiteiro de Arnoia, axúdanos a entender o seu funcionamento neste vídeo elaborado polo persoal do Museo do Viño de Galicia.

Pódese ver o video aquí:

A prensa horizontal

O tecido tradicional: a colcha

O tecido tradicional: a colcha Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia

 

O téxtil ten un peso considerable na colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Proba disto é a colcha ou cobertor que se presenta neste vídeo. Este cobertor, regalo persoal do etnógrafo e historiador ourensán Xaquín Lorenzo “Xocas” á doante da peza, é unha mostra fantástica de teceduría artesá que permite achegarnos ao amplo campo do téxtil tradicional.

II Encontro internacional de cestería no camiño

II Encontro internacional de cestería no camiño Actividades de verán

Sábado 1 de xullo: mostra de cestería de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

Domingo 2 de xullo: mesa redonda. Que cestería queremos. De 11.00 a 13.30

Catalina Piris Obrador, Elena Fabeiro Castro, Carlos Fontales Ortiz, Guadalupe Jiménez Esquinas.

Lola Tourón Río (Carqueixada, Lugo)

Esther Rodríguez Pérez (Gondomar,Pontevedra)

Luísa da Silva Seijas (Ares, A Coruña)

Antonio Luis Álvarez (Rexosende, Ourense)

Iván Sousa Pascual “O'Sousa” (Allariz, Ourense)

José Luís Castro Gómez (Tórdea, Lugo)

Alma da terra galega

Alma da terra galega Música e cata de viño

Un percorrido etnomusical por Galicia, con Rocío Rodríguez (sumiller), Carmen Penín (voz) e Maurizio Polsinelli (piano).

Entrada de balde ata completar capacidade

Xoves,29 de xuño ás 8 da tarde no Museo do viño de Galicia,

Lugar de Camporrendondo, s/n,

Ribadavia

NOMES DO RIBEIRO

NOMES DO RIBEIRO Presentación do libro

Presentación do libro: NOMES DO RIBEIRO

Intervirán:

  • Rita Albaldes Iglesias. Profesora de galego do IES O Ribeiro
  • Xosé Carballido Presas. Enxeñeiro da Consellería do Medio Rural
  • Secundino Lorenzo Fernández. Profesor do Instituto de Ribadavia entre 1968-1977
  • Frutos Fernández Gonzalez. Autor

Acompañamento musical por Frank Díaz Gómez

MARXES FÍLMICAS 2023. Ucrania

MARXES FÍLMICAS 2023. Ucrania Ciclo de cine

Proxeccións fílmicas. Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo

- 19 de xuño, luns, 22:00 horas

Terykony

Boney Piles

Taras Tomenko (Ucraína, 2022) 80 minutos. VOSE

- 21 de xuño, mércores, 22:00 horas

Evge (Homeward)

Cara a Crimea

Nariman Aliev (Ucraína, 2019) 96 minutos. VOSE

- 26 de xuño, luns, 22:00 horas

My thoughts are silent

Antonio Lukich (Ucraína, 2019) 104 minutos. VOSE

- 28 de xuño, mércores, 22:00 horas

Roses. Film cabaret

Educación, Xénero e Lectura

Educación, Xénero e Lectura

A mostra pretende amosar realidades, imaxes e representacións dun pasado-presente da educación, particularmente, das nenas e mulleres: entre os estereotipos e as discriminacións que trazaron modos de ensinar e aprender -nas escolas, nas familias e nas comunidades- sustentados en valores, comportamentos etc. e as oportunidades que teñen permitido superalos pola consciente procura da coeducación, a equidade, a inclusión e o máis pleno respecto ás diversidades que nos caracterizan.

Subscribirse a