Visita guiada virtual: prensas e estrulladoras
Visita guiada virtual: os ciclos da vide
Kobane
Kobane Proxección fílmica da obra kurda: Kobane
Proxección fílmica: a obra kurda, Kobane, e contaremos coa presenza de Olmo Couto, director de fotografía da película.
No patio do Museo Etnolóxico
Mércores 5 de xullo
Os tesouros do galeón afundido
Os tesouros do galeón afundido Unha achega á arqueoloxía subacuática
Dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos. Trátase dun obradoiro desenvolvido dentro da iniciativa de educación sobre o patrimonio cultural subacuático que leva a cabo o Museo.
Proponse unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos restos e formulación de hipóteses.
Obradoiros de verán: o canto das baleas
Obradoiros de verán: o canto das baleas Obradoiro para aproximar á xente máis pequena ao respecto polo mar
O Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á infancia e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.
Neste caso, proponse un obradoiro didáctico con recursos audiovisuais centrado nas baleas dende o punto de vista da súa tipoloxía e das súas características como mamíferos mariños.
Actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 6 anos.
Román Rodríguez agradece o "grande interese" do público na exposición da Xunta sobre Picasso
Román Rodríguez agradece o "grande interese" do público na exposición da Xunta sobre Picasso
A mostra pecha tras ser visitada por 50.000 persoas.
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo Programación do terceiro trimestre
O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o terceiro trimestre de 2023.
O programa inclúe exposicións temporais, obradoiros, visitas guiadas, roteiros, etc.
A información completa pódese consultar no seguinte enlace: Museo Liste Vigo - Actividades