Ir o contido principal

Unha noite no muíño

Unha noite no muíño Actividades de primavera no MUPEGA

Espectáculo para público familiar

Dirección e interpretación: Caxoto (A trastenda dos contos)

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Concerto de guitarra barroca de Tiago Matías

Concerto de guitarra barroca de Tiago Matías Actividades de primavera no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O músico portugués ofreceranos o vindeiro 6 de xuño ás 20:00 h, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, unha selección de pezas para guitarra barroca sacadas do Codex Coimbra en diálogo con outras contemporáneas ao devandito manuscrito.

Máis información e programa na nosa páxina web.

Entrada libre ata completar capacidade.

Peza do mes: DEBUXOS DE XESÚS CORREDOIRA

Peza do mes: DEBUXOS DE XESÚS CORREDOIRA Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 14 de xuño ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao, técnica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

XXII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Sede: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña Horario: 12.00 h Acceso gratuíto ata completar aforo. Ciclo de concertos dedicados ás cidades nas que residiu e traballou Picasso, e nos que se interpretarán obras de compositores contemporáneos do pintor.

4 de xuño PARÍS 12.00 h

Retransmisión en directo: https://youtube.com/live/61amPpxO5Oc

Cuarteto de Cordas Schubert

Fumika Yamamura violín

Ángel Marote violín

Gabriel Bussi viola

Elena Escalza violonchelo

CATA DAS IXP GALEGAS

CATA DAS IXP GALEGAS CICLO IN VINO VERITAS (ET SANTIAS)

Cata das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, guiada polo presidente da Asociación Galega de Sumilleres Juanjo Figueroa

Entrada libre e de balde ata completar Capacidade

A BOTICA DO CEBREIRO 2023

A BOTICA DO CEBREIRO 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do Conxunto Etnográfico do Cebreiro, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.
O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 10 de xuño
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Prazas: 15
Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do museo e castro de Viladonga, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.

O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 3 de xuño

Hora: de 10.00 a 14.00 h

Prazas: 15

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

Román Rodríguez anima a cidadanía a gozar da exposición dedicada a Picasso

Román Rodríguez anima a cidadanía a gozar da exposición dedicada a Picasso

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, animou o pasado 18 de maio a cidadanía a gozar da nosa cultura co gallo do Día Internacional dos Museos e, de xeito particular, a achegarse á exposición "Picasso. Branco no recordo azul", que pode visitarse ata finais de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña.

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu día internacional

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu día internacional

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o mércores 18 de maio, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos.

Subscribirse a