Ir o contido principal

3 de xuño - 10:00h A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do museo e castro de Viladonga, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.

O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 3 de xuño

Hora: de 10.00 a 14.00 h

Prazas: 15

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.