Ir o contido principal

Sentir a arqueoloxía

Sentir a arqueoloxía Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

“Sentir a arqueoloxía”

12:00h

Edificio Santa María de Europa

Colaboración coa ONCE. Delegación Territorial Galicia

Colaboración coa Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo. Campus de Ourense

Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es

O alambique

O alambique Descubrindo a colección do Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia amósanos unha peza conservada no museo pertencente á nosa cultura tradicional. Trátase dun alambique, unha das últimas adquisicións, un alambique procedente do concello de Beade.

O alambique é o aparello utilizado para facer o augardente, unha bebida resultante do bagaño que se xenera na fabricación do viño. A través desta peza podemos coñecer cales son as partes que conforman o alambique, entendendo os procesos implicados na elaboración do augardente.

Para falarnos deste obxecto o persoal do museo elaborou un vídeo que podedes ver aquí:

Picasso, escritor e escrito

Picasso, escritor e escrito Presentación da doazón do fondo bibliográfico de Peter Farer

O Museo de Belas Artes presenta a doazón de arredor de 300 volumes de bibliografía especializada sobre Picasso. A doazón deste fondo bibliográfico para a biblioteca do museo foi realizada por Peter Farer.

Antón Castro pronunciará a conferencia: Picasso, escritor e escrito para ilustrar esta presentación.

Peza do mes: ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE)

Peza do mes: ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 10 de maio ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de José Mª Eguileta Franco.

O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.

Noite dos Museos

Noite dos Museos Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Programación para a noite dos museos:

- 17.30 a 19.30h: Xogos tradicionais a cargo de Xotramu, Asociación de Xogos tradicionais.

- 18.15-19.30h: Música a cargo de “Agrupación Cultural La Trova Coruñesa”. Agrupación musical que conta cun repertorio musical basado en estilos diferentes como boleros, chachachá, salsa e ritmos latinos.

- 19.30 a 20.30h: Concerto de música “Son de Corda”.

- 20.30h Petiscos e queimada a cargo da Asociación de Amigos do Museo

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, este 18 de maio propoñémos un reto no Castro.

Durante toda a mañá desenvolverase na contorna do castro unha actividade de orientación coa búsqueda de puntos claves e preguntas de observación.

A actividade axudará a comprender mellor a nosa historia e o espazo natural do Castro de Viladonga.

Para participar chamar ao teléfono: 982 870 161

Subscribirse a