11 de maio - 20:00h Picasso, escritor e escrito Presentación da doazón do fondo bibliográfico de Peter Farer
O Museo de Belas Artes presenta a doazón de arredor de 300 volumes de bibliografía especializada sobre Picasso. A doazón deste fondo bibliográfico para a biblioteca do museo foi realizada por Peter Farer.
Antón Castro pronunciará a conferencia: Picasso, escritor e escrito para ilustrar esta presentación.