Do 8 de maio ao 31 de maio do 2023 - 10:30h O alambique Descubrindo a colección do Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia amósanos unha peza conservada no museo pertencente á nosa cultura tradicional. Trátase dun alambique, unha das últimas adquisicións, un alambique procedente do concello de Beade.
O alambique é o aparello utilizado para facer o augardente, unha bebida resultante do bagaño que se xenera na fabricación do viño. A través desta peza podemos coñecer cales son as partes que conforman o alambique, entendendo os procesos implicados na elaboración do augardente.
Para falarnos deste obxecto o persoal do museo elaborou un vídeo que podedes ver aquí: