Ir o contido principal

Laura LaMontagne & Pico Amperio

Laura LaMontagne & Pico Amperio Celebración do día das letras galegas - 17 de maio

Concerto a cargo de Laura LaMontagne & Pico Amperio. O grupo ten un repertorio moi ligado a

autoras galegas que nos axudará a reivindicar a nosa lingua.

Hora: 18.30 Salón Actos Museo do Castro de Viladonga

Entrada libre ata completar aforo

De paseo polo camiño do viño

De paseo polo camiño do viño Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

O Museo do Viño de Galicia e a asociación Viño Activo organizan unha ruta a pé de 14 km polo Ribeiro, de baixa intensidade.

O paseo iniciarase no Museo do Viño de Galicia, continuará o Camiño do Viño cara Lugar de Cuñas, onde se fará unha parada para repoñer forzas.

Na volta, a ruta pasará por viñedos e pola beira do río Avia retomando o camiño cara ao Museo do Viño de Galicia.

Lembre traer roupa e calzado cómodo. Tamén é convinte traer auga e comida.

 

Conexión online co Museo de Artes Decorativas de Kiev

Conexión online co Museo de Artes Decorativas de Kiev Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Conexión online co Museo de Artes Decorativas de Kiev, con motivo do Día Internacional dos Museos.

Conexión do Museo Etnolóxico co National Museum of Ukrainian Folk Decorative Art.

Dado que en Ukraína se celebra o Día de Vyshyvanka (Día da camisa bordada), o persoal do museo ucraíno amosará parte da colección téxtil centrándose no bordado, mentres que o persoal do Museo Etnolóxico, céntrase no patrimonio vitivinícola de Galicia.

Cinema Carlos Velo

Cinema Carlos Velo Celebración do día das letras galegas - 17 de maio

O Museo Etnolóxico estará presente na Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes; O museo está a cargo do «Cinema Carlos Velo». Se proxectan cortos sobre Galicia e fotografías sobre o tema do ano, nesta ocasión a canteiría.

O museo contará cun posto no que atopar información sobre o mesmo e as súas actividades.

Dende as 10:00 h ata as 20:00 h

Para todos os públicos.

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda Presentación da publicación

A publicación recolle unha selección de textos de Emilia Pardo Bazán sobre Marineda na prensa periódica.

A presentación correrá a cargo de Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa de A Coruña, Xulia Santiso, editora literaria e conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

A presentación terá lugar na sede da Fundación Luís Seoane, na Rúa San Francisco, 27.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago Celebración do día do libro. 23 de abril

O día 23, a biblioteda do Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta as novidades de publicacións nas redes sociais.  

Para isto fixo unha pequena selección das máis demandadas cunha breve reseña para que as coñezades máis a fondo. Hai libros de peregrinacións, de museos, de historia e arte, da cidade de Santiago... https://issuu.com/bibliotecamdps/docs/novopdf

Subscribirse a