Ir o contido principal

Os culeiros

Os culeiros Descubrindo a colección do Museo do Viño de Galicia

Descubrindo a colección do Museo do Viño de Galicia: os culeiros.

Neste tempo de vendima, o Museo do Viño de Galicia presenta un dos obxectos máis representativos nas vendimas do Ribeiro: os culeiros. Pero, sabiades que non só se usaba na recollida da uva?

Carrexón, foi o nome que se lles deu a aqueles homes que carrexaban estes cestos. E as mulleres que facían a vendima… sabedes como se lles chamaba ?

Pódese ver o video aquí:

Os culeiros

Telling stories in the museum

Telling stories in the museum Obradoiros de verán no Museo Massó

No Museo planificouse unha visita-obradoiro en inglés para grupos infantís e de escolares de educación primaria.

Con esta actividade búscase achegar de forma atractiva e interactiva os contidos principais do relato museístico da exposición permanente: a conquista do mar e a explotación dos recursos do mar, a través da industria conserveira e baleeira, e aprendendo o vocabulario específico escrito e oral en inglés con xogos e preguntas.

Dirixido a nenas e nenos dende seis anos.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A Xunta incoa o expediente de declaración BIC do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección artística

A Xunta incoa o expediente de declaración BIC do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección artística

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso que supón a protección inmediata da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat no concello de Sada e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.

No ámbito de protección inclúense tamén máis de 1.500 pezas de artistas como Castelao, Laxeiro, Carlos Maside, Maruja Mallo ou dos propios fundadores.

A incoación fundaméntase no “valor cultural sobranceiro” destes elementos, no seu “destacable interese arquitectónico e artístico” e no seu papel para explicar “a historia da arte galega contemporánea”.

A proposta culmina o intenso e minucioso traballo feito polos técnicos da Consellería de Cultura e deberá completarse no prazo máximo de 24 meses.

Comezan as obras de ampliación do Museo Massó

Comezan as obras de ampliación do Museo Massó

A Xunta de Galicia inviste máis de 1,2M€ nas obras de ampliación do Museo Massó, en Bueu, que veñen de arrancar coa acta de replanteo, tal e como explicaron esta mañá o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, durante unha visita para supervisar o inicio dos traballos que teñen unha duración de seis meses.

Os trens turísticos volveron ao Museo do Viño

Os trens turísticos volveron ao Museo do Viño

Os Trens Turísticos de Galicia volveron ao Museo do Viño de Galicia. A edición deste ano contou nesta ocasión con máis dunha ducia de rutas que se converteron nunha gran oportunidade de descubrir diversos recunchos emblemáticos de toda Galicia, revisando a súa cultura, historia e gastronomía. A "Ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas" incluíu a visita ao Museo do Viño, ademais de revelar ao público a contorna ao carón do río Miño.

A colección de programas de man cinematográficos

A colección de programas de man cinematográficos Unha achega a un fondo do museo interesante e descoñecido, relacionado co cinema

A colección do Museo Etnolóxico divúlgase tamén en redes sociais, co epígrafe xenérico de “Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico”. Nesta ocasión, en lugar dunha peza destacada, escolleron toda unha colección.

Ao través dun vídeo que se publica nas redes sociais, o Museo presenta unha achega ao consumo de cinema na comarca do Ribeiro, ao través dunha colección de programas de man que forman parte do legado Meruéndano depositado no Museo.

O canto das baleas

O canto das baleas Obradoiro práctico para aproximarse aos contidos do Museo Massó dun xeito diferente

Actividade centrada nas baleas co obxectivo de coñecer as súas características principais como animais mariños, así como as distintas especies que existen.

Dirixido a nenas e nenos de catro a seis anos

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto

Subscribirse a