A nova exposición do Etnolóxico de Ribadavia escolle as fachadas de edificios do casco histórico para sensibilizar sobre a diversidade cultural
A nova exposición do Etnolóxico de Ribadavia escolle as fachadas de edificios do casco histórico para sensibilizar sobre a diversidade cultural
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou onte na inauguración da nova exposición do Museo Etnolóxico de Ribadavia "Somos Afro!" que, a través dunha trintena de fotografías de gran tamaño situadas nas fachadas dalgúns emblemáticos edificios do casco urbano, sensibiliza sobre a vida das persoas afrodescendentes residentes en España.