Ir o contido principal

XXV CICLO CONCERTOS DE OUTONO

XXV CICLO CONCERTOS DE OUTONO Actividades de outono

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.

Datas: domingos 1 e 29 de outubro; 12 e 26 de novembro de 2023

Horario: 12:30h

Todos os concertos celebraranse no salón de actos os citados domingos, ás 12:30 h, e serán retransmitidos por streaming na canle de YouTube do Museo.

Entrada libre ata completar aforo.

Programación

Cestería no Camiño

Cestería no Camiño Exposición cos traballos derivados do II Encontro Internacional de Cestería no Camiño

Na procura dunha maior visibilidade a un oficio a piques de desaparecer, e que formou parte da vida cotiá de toda Galicia, o Museo do Castro de Viladonga organizou o II Encontro Internacional de Cestería no  Camiño, no que quixo reunir no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro a cesteiros e cesteiras de diferentes procedencias, creando un espazo no que puideron compartir coñecementos ao mesmo tempo que mostrar os seus traballos ao numeroso público que visita este conxunto, entrada en Galicia do Camiño de Santiago.

UVA: unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño

UVA: unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño Gravados de Xosé Poldras

O obxectivo principal desta mostra é enriquecer a colección do Museo do Viño de Galicia a través dunha perspectiva artística da elaboración do viño.

Comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja, a exposición amosa unha carpeta de sete gravados onde o artista, Xosé Poldras, reflexiona sobre o viño e a súa fabricación. Poldras, artista coruñés especializado na técnica de gravado, crea imaxes relacionadas coas etapas da creación do viño: a plantación das cepas, a poda, a recollida da uva, a creación do mosto etc.

Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe

Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe Proposta de artes plásticas do museo para participar na edición XVII do Festival Arteficial

O Festival Arteficial celebra a súa XVII edición no conxunto histórico da vila de Ribadavia; como aconteceu nas súas últimas edicións, o Museo Etnolóxico acolle unha exposición, en colaboración co Festival, buscando xerar un espazo de difusión, reflexión e visibilidade, neste caso, para unha arte plástica singular, a tatuaxe.

Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada

Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada

As conmemoracións do 30 aniversario do CGAC, inaugurado o 29 de setembro de 1993, terán esta semana os actos centrais cunha completa programación que incluirá un espectáculo de danza vertical na fachada, unha proxección de videomapping, visitas guiadas en horario especial e unha noite de concertos, ao que se sumará tamén a inauguración dunha nova exposición que repasa a historia do CGAC vinculada á arte conceptual.

Ourense. Anos 20

Ourense. Anos 20 Ciclo de conferencias en relación á exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Como parte da exposición recentemente inaugurada polo Museo Arqueolóxico de Ourense, “Ourense. Anos 20”, realízase un ciclo de conferencias que permiten afondar nos aspectos que se reflicten no discurso expositivo, de xeito que, farase fincapé na sociedade, a industria, a cultura ou a sanidade.

Levaranse a cabo todos os martes do mes de outubro, no “Centro Municipal José Ángel Valente”.

26 de setembro: “Política e sociedade no Ourense dos anos 20”. Xulio Prada Rodríguez

O Museo Arqueolóxico de Ourense inaugura "Ourense. Anos 20"

O Museo Arqueolóxico de Ourense inaugura "Ourense. Anos 20"

O pasado día 20 o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou unha mostra que fai un percorrido fotográfico pola vida e os costumes das xentes de Ourense nesa década do século pasado. Unha década, a dos anos 20, mitificada, pero que ocultaba moitos contrastes. Avelino Rodríguez, comisario da exposición, explícao: “Foi unha década de explosións de vivencias e de cambios políticos”, convivindo crises de goberno e económicas.

Subscribirse a