Ir o contido principal

UVA: unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño Gravados de Xosé Poldras

Vista da sala da exposición

O obxectivo principal desta mostra é enriquecer a colección do Museo do Viño de Galicia a través dunha perspectiva artística da elaboración do viño.

Comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja, a exposición amosa unha carpeta de sete gravados onde o artista, Xosé Poldras, reflexiona sobre o viño e a súa fabricación. Poldras, artista coruñés especializado na técnica de gravado, crea imaxes relacionadas coas etapas da creación do viño: a plantación das cepas, a poda, a recollida da uva, a creación do mosto etc.