Museo en familia
Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias
Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.