Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio
Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
A presentación terá lugar na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
De xeito especial, o Museo, en vez de escoller algunha peza de entre os seus fondos para singularizala, neste mes de decembro, ao través dunha magnífica síntese, faise unha explicación e percorrido polo seu novo proxecto museográfico, centrándose nunha das súas Áreas Temáticas.
Tras varios anos, arranca a tan necesaria renovación do museo, mellorando as condicións de exposición, conservación e divulgación dos bens que custodia.