Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973) Mostra sobre o papel da fotografía na construción da realidade da man das fotomontaxes.

A exposición recolle diferentes obras de fotomontaxe do fotógrafo ourensán Augusto Pacheco, e trata de amosar como o recurso da fotomontaxe dentro do campo da fotografía representa un elemento creador en si mesmo e de reflexión.
Comisariada por Vítor Vaqueiro, Ánxel Huete e Manuel Pérez Rúa, expón fondos do Museo Etnolóxico pertencentes ao Fondo Pacheco.