Ir o contido principal

Un percorrido pola obra de Antón Lamazares inaugurará o programa expositivo do CGAC en 2024 con ata 11 exposicións

Un percorrido pola obra de Antón Lamazares inaugurará o programa expositivo do CGAC en 2024 con ata 11 exposicións

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado polo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo, presentou o venres 15 a programación anual de exposicións e actividades do centro para o ano 2024. "Estamos ante un programa moi completo e moi variado, co que se quere achegar á arte a todos os públicos", salientou o representante da Consellería de Cultura.

Factoría de xoguetes

Factoría de xoguetes Actividades de Nadal no Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA

Obradoiros para público infantil

Como eran os xoguetes cos que xogaban os nosos avós e bisavós? Neste obradoiro coñeceremos varios deses enredos tradicionais. Centrarémonos especialmente nos que construía a propia rapazada e remataremos tentando fabricar algún coas nosas propias mans.

Obradoiro 1:

Nenos e nenas de 6 a 8 anos

Data: Martes 26 de decembro

Hora: 11:30 a 12:30

Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago

Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago Organizada pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

Troupeleando no Cebreiro

Troupeleando no Cebreiro Obradoiro de Nadal

Obradoiro para traballar na recuperación de tradicións populares do nadal. Nesta ocasión farase unha recreación da comitiva dos Reiceros.

Lugar: Conxunto Etnográfico do Cebreiro, na palloza Museo.

Día: Domingo 17 de decembro

Hora: 12:00

Subscribirse a