Ir o contido principal

Alfonso Medela Trío

Alfonso Medela Trío Celebración do día internacional da música

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece este concerto de Alfonso Medela -Trío.

O concerto terá lugar o venres 27 de outubro ás 8 da tarde.

A entrada será de balde ata completar aforo.

Día das bibliotecas no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Día das bibliotecas no Museo Etnolóxico de Ribadavia Celebración do día das bibliotecas

Para celebrar o Día das Bibliotecas, as portas da biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia ábrense dun xeito especial esta semana: reforzando fíos, seguindo o lema deste ano “Tecendo Comunidades”.  Poderedes formar parte de visitas guiadas á biblioteca que permitirán coñecela dunha maneira máis próxima, achegándose a documentos singulares, etc..

Ademais a biblioteca do museo participará na mesa redonda “Bibliotecas do Ribeiro”.

Arte decorativa ucraína

Arte decorativa ucraína Obradoiro impartido polo persoal do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev

O equipo do Museo Nacional de Arte Decorativa de Ucraína Національний музей українського народного декоративного мистецтва, realizará unha visita á vila de Ribadavia e ao Museo Etnolóxico logo da relación desenvolvida entre ambas institucións baixo o nome "O poder dos Museos"

O Museo do Viño convértese en sede das Xornadas Técnicas co lema "Museos en ámbitos rurais e vilegos" como eixe principal

O Museo do Viño convértese en sede das Xornadas Técnicas co lema "Museos en ámbitos rurais e vilegos" como eixe principal

Dende o ano 2022 estanse a celebrar de xeito reiterado as Xornadas de Museos, organizadas pola Dirección Xeral de Cultura e dirixidas a profesionais e persoal técnico e bolseiro de centros de Galicia insertos no Sistema Galego de Centros Museísticos.

Quen ten cu ten medo

Quen ten cu ten medo Actividades de outono no MUPEGA

Espectáculo para público familiar (a partir de 6 anos)

Tarabela Creativa

Este Samaín a meiga abrirá as portas da súa casa no Museo Pedagóxico para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.

Sábado 28 de outubro ás 17:00

Familias con nenos e nenas a partir de 6 anos

Os museos do rural protagonizan a xornada anual de debate promovida pola Xunta

Os museos do rural protagonizan a xornada anual de debate promovida pola Xunta

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou o venres na inauguración da xornada anual dos museos de Galicia, que se celebrou no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia. Este ano, a cita céntrase nos museos rurais instalados en pequenas vilas de Galicia, tanto do interior como de zonas de montaña ou mariñeiras.

Máis aló do muro

Máis aló do muro Conferencia relacionada coa exposición "Somos Afro!"

Conferencia en relación a exposición Somos Afro! a cargo de Luis Pérez Armiño, conservador do Museo Nacional de Antropoloxía. A charla xirará ao redor da representación do continente africano e a relación do museo con comunidades africanas e afrodescentes.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade

Subscribirse a