Do 18 de novembro ao 26 de novembro do 2023 - 19:00h Miradas etnográficas 2023: Quen somos e de onde vimos? Cine no Museo Etnolóxico os sábados e domingos de novembro

Este 2023 vaise levar a cabo a décimo primeira edición deste ciclo de cinema: Miradas Etnográficas, todo un clásico xa nas actividades do Etnolóxico.
Cada ano, no tempo de outono, e coa colaboración loxística do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, búscase contribuír á difusión das producións de contido etnográfico ou sociolóxico, con especial atención ao documental galego. Proxectaranse catro filmes, baixo o denominador común de, na época da intelixencia artificial, ofrecer unha reflexión sobre o dilema de Quen somos e de onde vimos.
Este é o programa:
18 de novembro: Matria de Álvaro Gago
19 de novembro: Hostal España de Chus Dominguez e Inma
25 de novembro: Boi Neon de Gabriel Mascaro
26 de novembro: Curtametraxes de Sara Traba (As vacas de Wisconsin + A Festa do Emigrante)
Máis información nesta ligazón do Museo