Ir o contido principal

16 de novembro - 11:30h Tirando do fío Novo curso do ciclo anual "Os temas da arte"

O Museo inicia no último trimestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Este ano, baixo o título Tirando do fío, atende a evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período, a través de pezas icónicas de artistas que captaron con mestría e interese atributos e hábitos, en tantas ocasións traducidos como símbolos de poder e autoridade dos retratados.

Impartido por Carolina Munáiz. Nas diferentes sesións, o curso achegarase aos cambios históricos substanciais e o seu reflexo nas pezas icónicas de cada período cultural; a simboloxía cromática do téxtil, o inspirador ámbito militar no traxe civil, a convivencia e separación de criterios masculino e feminino, a adopción e percorrido das artificiosas pezas interiores ou a propaganda de poder da casa dos Austrias e da coroa francesa.

Nesta ligazón pódese acceder á inscrición no Museo e a máis información

Programación

19 de Outubro - Sesión 1: O Antigo Exipto.

26 de Outubro - Sesión 2. Da Grecia prehelénica á Grecia Clásica.

02 de Novembro - Sesión 3. Indumentaria do Imperio: Roma e Bizancio.

09 de Novembro - Sesión 4. A Europa medieval: o Románico.

16 de Novembro - Sesión 5. Baixa Idade Media: o Gótico.

23 de Novembro - Sesión 6. O Renacemento.

30 de Novembro - Sesión 7. A cultura do Barroco.

14 de Decembro - Sesión 8. A moda rococó.

Desenvolvemento do curso

Curso de 8 sesións.

Duración estimada 1h e 30 min

Aulas teóricas acompañadas de imaxes, formato visual mediante proxección.