O Museo Arqueolóxico de Ourense inaugura "Ourense. Anos 20"

O pasado día 20 o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou unha mostra que fai un percorrido fotográfico pola vida e os costumes das xentes de Ourense nesa década do século pasado. Unha década, a dos anos 20, mitificada, pero que ocultaba moitos contrastes. Avelino Rodríguez, comisario da exposición, explícao: “Foi unha década de explosións de vivencias e de cambios políticos”, convivindo crises de goberno e económicas.
A mostra constrúe o relato con 40 fotografías, prestadas desinteresadamente por institucións e particulares. Pode visitarse na Sala Valente ata o 19 de novembro.