Ir o contido principal

Do 5 de setembro ao 12 de setembro do 2023 - 10:30h Anatomía dun artista Mostra dos traballos realizados nos obradoiros de verán

Arte prehistórica, clásica, renacentista, moderna, contemporánea e de vangarda… todos estes estilos artísticos foron interpretados pola rapazada participante nos obradoiros deste verán, cuxos traballos estarán expostos ata o 12 de setembro no museo.

Estes obradoiros de verán están incluídos dentro do Plan Corresponsables, financiado polo Minsterio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación familiar.