Cadeira de barbear

Dentro do proxecto “BEN(S)VIDOS: Novas adquisicións do Museo” preténdese achegar ao público pezas que entran a formar parte da colección do museo. Nesta ocasión a peza escollida é unha cadeira de barbeiro de comezos do século XX que permite exemplificar a produción de mobles artesáns que toman como modelo os tipos industriais adaptando as formas aos medios e saber facer dos artesáns. En suma, permite achegarse ao mundo dos barbeiros ao longo da historia para o que, ademais da cadeira, a exposición compleméntase cun vídeo explicativo e material documental.