Os trens turísticos volveron ao Museo do Viño

Os Trens Turísticos de Galicia volveron ao Museo do Viño de Galicia. A edición deste ano contou nesta ocasión con máis dunha ducia de rutas que se converteron nunha gran oportunidade de descubrir diversos recunchos emblemáticos de toda Galicia, revisando a súa cultura, historia e gastronomía. A "Ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas" incluíu a visita ao Museo do Viño, ademais de revelar ao público a contorna ao carón do río Miño. Na ruta tamén se puido coñecer a adega Señorío de Rubiós, o castro de San Cibrao de Las, a estación de Santa Cruz de Arrabaldo e tamén se visitou Ribadavia, a capital do Ribeiro.